Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica un emprazamento relativo ao procedemento ordinario 4012/2018, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o emprazamento relativo ao procedemento ordinario 4012/2018, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, contra a Resolución do 22 de novembro de 2017 que desestima o recurso de alzada interposto contra o prego de cláusulas administrativas particulares do contrato de servizo para realizar a dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde nas obras de ampliación do Instituto Ferial de Vigo (clave PO/17/134.40 e AT/014/2017).

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para coñecer o contido do acto que se notifica na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Francisco González Varela

Emprazamento