Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto dunha planta de moenda, almacenamento e expedición de cemento no concello de Narón (A Coruña), promovido pola empresa Cementos Tudela Veguín, S.A.U. (clave 2017/0146).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 9 de marzo de 2018 relativa ao proxecto dunha planta de moenda, almacenamento e expedición de cemento, no concello de Narón (A Coruña), promovido pola Empresa Cementos Tudela Veguín, S.A.U.

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático