Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 2 de abril de 2018 Páx. 18218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas da licitación da contratación da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-034).

missing image file

No DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 5 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia licitación da contratación da obra de adaptación funcional do Hospital Meixoeiro de Vigo para unidade de mama/medicina nuclear/radioterapia, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-034). Neste mesmo día publicouse no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde os pregos de cláusulas administrativas particulares desta contratación.

Debido ás dificultades para o acceso á documentación do expediente publicado no perfil do contratante, acórdase ampliar o cómputo do prazo de presentación de proposicións en dez días naturais. A finalización do prazo de presentación de ofertas será o día 13 de abril de 2018.

Permanece inalterado o resto dos extremos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 e 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento e, en especial, das empresas interesadas.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos