Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 18006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da concesión do servizo de xestión dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Transportes. Número de expediente: 1.789-449.

2. Obxecto do contrato: a xestión, explotación e mantemento dos aparcadoiros subterráneos públicos situados na avenida de Castelao e na rúa Jenaro de la Fuente, en réxime de concesión de servizo.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo da concesión: 25 anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 14.282.658,11 euros. Canon anual: 120.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: (986) 810148; fax: (986) 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete (7) días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos tres exercicios teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior a 3.000.000 de euros. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: documentación que acredite que o licitador explotou nos últimos tres anos un ou varios aparcadoiros que no seu conxunto acaden un mínimo de 400 prazas. Deberase presentar unha relación dos aparcadoiros explotados nos últimos cinco anos que inclúa o número de prazas de cada un. Se os aparcadoiros explotados son públicos en réxime de xestión indirecta, acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente que acrediten a boa execución do contrato; se os aparcadoiros son privados, mediante un certificado ou unha declaración expedidos polo empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 18 de abril de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación