Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2018 Páx. 17980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, da subministración mediante a modalidade de renting de 4 vehículos todoterreo para as brigadas con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 6/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: a subministración de 4 vehículos mediante renting pola Consellería do Medio Rural con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, para o persoal fixo-descontinuo das brigadas helitransportadas con labores de prevención e defensa contra incendios forestais, durante 9 meses ao ano.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=229146

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada. Tramitación anticipada de gasto.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 115.200,00 €. IVE (21 %): 24.192,00 €. Importe total: 139.392,00 €.

Valor estimado: 172.800,00 €.

5. Financiamento: Fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 7 de marzo de 2018.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 106.809,12 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 8 de marzo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador presentado e cumpre os requisitos establecidos nos pregos, polo que resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural