Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, polo procedemento aberto, da subministración, conservación e limpeza do equipamento de uniformidade de intervención para o persoal do Servizo de Bombeiros.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Bombeiros. Nº de expediente: 5.192-213.

2. Obxecto do contrato: a subministración, conservación e limpeza do equipamento de uniformidade de intervención para o Servizo de Bombeiros, na modalidade de arrendamento (renting).

División por lotes e número de lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: cinco anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 811.375,00 euros. IVE para soportar pola Administración: 170.388,75 euros. Orzamento total: 981.763,75 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata sete días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día do prazo para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministración por importe igual ou superior ao prezo do contrato, excepto no caso de que a duración do contrato sexa superior a un ano, suposto en que se terá en conta a anualidade media do prezo do contrato e, ademais, estar en posesión dos seguintes certificados: certificado de calidade OSHAS 18001:2007 ou similar que garanta a seguridade e saúde dos traballadores con alcance no servizo de mantemento industrial de EPI (equipamentos de protección individual) e/ou arrendamento de vestiario e equipamento de seguridade e protección a favor do licitador. Certificado de calidade ISO 9001:2008 con alcance no servizo de mantemento industrial de EPI e/ou arrendamento de vestiario e equipos de seguridade e protección a favor do licitador ou equivalente. Certificado da norma ambiental ISO 14001:2004 ou equivalente.

8. Presentación das ofertas. Prazo: o prazo rematará o 12 de abril de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 6 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación