Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para impartir módulos formativos para asesores, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (75 %) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (expediente 1/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: execución dos servizos de formación, como unha medida específica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, dirixida á contratación de entidades acreditadas, provedoras de módulos CECRA ou equivalente, que permitan mellorar as aptitudes de comunicación e metodolóxicas dos técnicos das entidades de asesoramento recoñecidas (actualmente inscritas no Resaxega) e o persoal da propia Administración.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=215575

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 232, do 7 de decembro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 198.000 €. Importe total: 198.000 € (IVE exento).

Valor estimado: 198.000 €.

5. Financiamento: 75 % con fondos da Unión Europea, a través do Feader (submedida 2.3 Formación de asesores), 7,5 % con fondos da Administración xeral do Estado, e 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 26 de febreiro de 2018.

b) Adxudicataria: Universidade de Santiago de Compostela.

c) Importe: 197.010,00 € (IVE exento).

d) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumprir os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural