Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o centro cultural auditorio de Lugo.

No DOG núm. 54, do 16 de marzo de 2018, publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o centro cultural auditorio de Lugo.

Mediante a Resolución do 19 de marzo de 2018, ao abeiro do disposto no artigo 158.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debido ao ofrecemento aos licitadores da posibilidade de relizar unha visita ás instalacións do centro cultural auditorio de Lugo, nos termos publicados no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=284988), acórdase a prórroga do prazo de presentación de proposicións, que comezará a compultar de novo desde o día seguinte ao da data de envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea. Este envío realizouse o 19 de marzo de 2018, polo que o prazo de presentación de proposicións finaliza o 30 de abril de 2018.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2018

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio