Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de reforma e ampliación do centro de saúde da Illa de Arousa (expediente AB-SER3-18-008).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-18-008.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: reforma e ampliación do centro de saúde da Illa de Arousa (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 23, do 5 de decembro de 2017, e na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 5 de decembro.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 341.277,98 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 341.277,98 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 412.946,36 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 2 de marzo de 2018.

c) Contratista: Copcisa, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 283.363,11 €. IVE (%) 21 %. Importe total: 342.869,36 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos