Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17685

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 4 de maio de 2018, no salón de actos e aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal