Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2018 Páx. 17732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017425TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017425TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Ángel Alberto Cejas Corrado (Bar Anahí).

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O interesado realizou o ingreso mediante carta de pagamento voluntario da sanción; polo que, unha vez efectuado o pagamento, se dá por finalizado o expediente ao recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade na comisión da infracción.

De conformidade cos artigos 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo) dispón do prazo de dous meses a partir da recepción desta notificación para presentar recurso contencioso-administrativo contra a presente resolución ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2017425TA-PO.

Interesado: Ángel Alberto Cejas Corrado (Bar Anahí).

Documento de identificación: 53176857Y.

Último enderezo coñecido: peirao de Beiramar, pantalán 3, 36202 Vigo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.