Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 14 de marzo de 2018 polo que se lles notifica aos interesados a resolución ditada en relación coa súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolucións relativas aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/das interesados/as que se indican no anexo.

Tentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos/as interesados/as para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes citada.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 14 de marzo de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Mauro Bernárdez Martínez.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Rebeca Davila Bernárdez.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Olalla Fernández Rivas.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Álvaro Gómez Cofán.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Alejandro González Fumega.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Carlos Guede Rodríguez.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Marta Martínez Rodríguez.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Borja Martínez Santos.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Rafael Muñiz Cal.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Óscar Quintas Vázquez.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Amara Rodríguez Quijada.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Olmes Dennys Tapia Oyola.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Carlos Zas Zas.

Acto notificado: declaración de desistencia na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: José Rafael Zas Zas.