Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo consistente na vixilancia e seguridade nos edificios administrativos da Xunta de Galicia, por tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto con pluralidade de criterios.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2018-SESE 01-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=222215

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na vixilancia e seguridade nos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79710000-4. Servizos de seguridade; 79714000-2. Servizos de vixilancia.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.11.2017; 18.11.2017; 28.11.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto e anticipado de gasto.

4. Valor estimado do contrato: 22.056.588,45 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 6.786.642,60 €.

Importe total: 8.211.837,55 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 2 de febreiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2018.

c) Contratista: Sasegur, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 6.783.142,60 €.

Importe total: 8.207.602,55 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza