Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 28 de febreiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberanse poñer en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ribeira, 28 de febreiro de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Puentes Silva, Yeison Antonio

Y04375930X

Jalil --- Afafe

X07936358R

Vázquez Vieito, José Manuel

052452053R

Silva Ferreira, Rafael

052930775R

Paz Sobradelo, Francisco Javier

052933511T

Hernández Modino, Judith

078858319J

Saavedra López, Anais

003224715T

De Oliveira Bacaoanu, Alessandro Jesús