Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2018 Páx. 17397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018001TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018001TA-CO, incoado Noites Divertidas, S.L. (café bar especial INOX).

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quine (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 7 de marzo de 2018

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018001TA-CO.

Interesada: Noites Divertidas, S.L. (café bar especial INOX).

DNI/NIF/CIF: B70424676.

Último enderezo coñecido: Orillamar, 44, baixo, 15001 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.