Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan de reforma interior APR PB4-07 Rego dos Pasos norte do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2018, acordou a aprobación inicial do Plan de reforma interior APR PB4-07 Rego dos Pasos norte do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Ames.

De conformidade co establecido no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Departamento de Urbanismo), situadas na rúa Alcalde Lorenzo, nº 2, 1º, Bertamiráns, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 14 de febreiro de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde