Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos da Lama e Fornelos de Montes (expediente IN407A 2018/10-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS, CM e CT Verducido-As Estacas.

Situación: A Lama e Fornelos de Montes.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 2.300 metros de lonxitude, con orixe no centro de manobra proxectado no interior do edificio do centro de transformación (CT) Verducido, na Lama, e final no paso aerosubterráneo no apoio 4EM00661, na LMT subderivación ás Estacas, en Fornelos de Montes, facendo entrada e saída no CT proxectado As Estacas. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/420 V, situado nas Estacas, Fornelos de Montes.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados (concello de Fornelos de Montes)

Predio 1. Concello: Fornelos de Montes; referencia catastral: 36019A026000430000ER; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común das Estacas; afección: 52 m2 de solo para o centro de transformación.

Predio 2. Concello: Fornelos de Montes; referencia catastral: 36019A027000400000EG; titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común das Estacas; afección: 154 m2 de solo para 77 metros de liña subterránea e 2,54 m2 para arquetas.