Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 13 de marzo de 2018, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes e examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 13 de marzo de 2018

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Café Bar Marco da Legua.

Titular: Ferreira Conceizao, Pablo Jorge.

Enderezo: lugar As Lagoas.

Concello: Piñor.

Establecemento: Café Bar Especial Núcleo Musicc.

Titular: Vaiven de Arenteiro, S.L.

Enderezo: Praza do Corrixidor, 11.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Especial Atlantic.

Titular: Atlántic, S.C.

Enderezo: Marcelino Parrondo, 34.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Café Bar Hamburguesería Dydan.

Titular: Álvarez López, José Antonio.

Enderezo: Marcelino Parrondo, 9.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Café Bar Mesón Manuel.

Titular: Pardo Méndez, Fátima.

Enderezo: Outeiriño, 11.

Concello: Vilar de Barrio.

Establecemento: Café Bar O Cruce.

Titular: Adolfo Manuel de Alfonso Alonso.

Enderezo: José Ferreiro, 16.

Concello: Vilar de Barrio.

Establecemento: Café Bar D´Dolores.

Titular: Mª das Dores Pereira da Sousa.

Enderezo: rúa Ervedelo, 59.

Concello: Ourense.

Establecemento: Cafe Bar Martínez.

Tituar: Carmen Firvida Palomares.

Enderezo: rúa Jesús Soria, 1.

Concello: Ourense.

Establecemento: Café Bar Karisma.

Titular: José Antonio Gallardo Fernández.

Enderezo: rúa Chamoso Lamas, 8.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Café Bar Cruceiro.

Titular: Rosa Mª Paz Rodríguez.

Enderezo: Marcelino Parrondo, 13.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Café Bar Pérez.

Titular: Manuel David Pérez Rodríguez.

Enderezo: avda. Constitución.

Concello: A Mezquita.

Establecemento: Café Bar A Ponte.

Titular: Gloria Stella Herrera Rendon.

Enderezo: estrada O Irixo, 55.

Concello: O Carballiño.

Establecemento: Pensión Peña Trevinca.

Titular: Teresa Gil Fernández.

Enderezo: rúa Nova,13.

Concello: A Veiga.