Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2018 Páx. 17025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018016AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de febreiro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018016AL-LU, incoado a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam) o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 9 de marzo de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018016AL-LU.

Interesado: Guillermo Ezequiel Sancho Valdés (Proyecto Aibam).

NIE: X8218433G.

Último enderezo coñecido: posto nº 10 da praza de Abastos de Lugo, rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria. Tamén se confirman as medidas provisionais de intervención de mercadoría e de suspensión provisional da actividade de ultramarinos, acordadas pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo con data do 7.2.2018.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Puntos 1 e 4 do capítulo I e punto 1.a) do capítulo V do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigo 18.4 do Regulamento (CE) nº 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e requisitos xerais da lexislación alimentaria, créase a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fíxanse procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro).

Tipificación provisional: dúas infraccións graves, tipificadas no artigo 51.2 parágrafos 3º e 12º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo).

Sanción proposta: dez mil dous euros (10.002 €), a razón de cinco mil un euros (5.001 €) por cada unha das infraccións.