Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16705

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se amplía o prazo de recepción de solicitudes para os proxectos MATES e BLUENET.

Modificación pola que se amplía o prazo de recepción de candidaturas en 10 días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para a convocatoria de selección de varias prazas de persoal para os proxectos MATES e BLUENET (véxase o DOG núm. 29, do 9 de febreiro de 2018, páxina 9562).

A bases están expostas na sede de Cetmar, sita na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (http://www.cetmar.org/ofertas-de-trabajo/).

Vigo, 15 de marzo de 2018

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar