Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro da axuda de carácter socioeconómico en concepto de prima non renovable no expediente PE113D-2015/123-0.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación. Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que se publique por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado.

Disporá dun prazo de dez (10) días hábiles para alegar ou presentar os documentos que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE113D-2015/123-0

Tahirou Fall

Y-1415164-B

Resolución do procedemento declarativo de reintegro da axuda de carácter socioeconómico en concepto de prima non renovable correspondente ao ano 2015

R/ Francisco Añón, nº 8-4º, 15010 A Coruña