Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación 011/2010 AT, nos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...» mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada «LAT 132 kV subestación Ludrio/subestación Meira» nos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 8 de marzo de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 011/2010 AT.

Entidade beneficiaria: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Denominación: LAT 132 kV subestación Ludrio/subestación Meira.

Concellos: Castro de Rei e A Pastoriza.

Predio

Polígono

Parcela

Concello

Titular

Incidencia

110

4

192

Castro de Rei

Descoñecido

Enderezo descoñecido

206

23

1006

A Pastoriza

Hrdos. de Benito Álvarez

Enderezo descoñecido