Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2018 Páx. 16648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asamblea de Trabajadores Asalariados de Autoescuelas de Galicia (ATAAG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar, con data do 1 de marzo de 2018, os estatutos da Asamblea de Trabajadores Asalariados de Autoescuelas de Galicia (ATAAG).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser membros os traballadores que presten os seus servizos dentro do ámbito territorial da asociación e que reúnan as condicións profesionais a que fai referencia o artigo 2, coa única condición de cumprir estes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Lucía Vázquez Mouriño, Fernando Olmo García, Jesús Aldao Suárez, Silvia Eiranova González e María Mesías Vázquez.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego