Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16450

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura por promoción interna dunha praza de cabo de incendios pertencente á oferta de emprego do ano 2014.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 46, do 26 de febreiro de 2018, foi publicado anuncio que fai referencia ás bases que rexerán a convocatoria para a cobertura por promoción interna de 1 praza de cabo de incendios pertencente á oferta de emprego do ano 2014.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da corporación e, cando proceda, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 12 de marzo de 2018

O alcalde
P.D. (Acordo do 30.3.2017)
Flora Moure Iglesias
Concelleira delegada de Recursos Humanos