Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16347

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de marzo de 2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2018/19.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 9 de marzo de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14345, no parágrafo terceiro do artigo 4, punto 1, onde di: «Durante o mes de agosto, así como no período comprendido entre o 26 e o 28 de decembro de 2018 e os días 15, 16 e 17 de abril de 2019 con carácter xeral abrirá un só centro por localidade. Nestes casos, o seu peche diario efectuarase ás 17.00 horas», debe dicir: «Durante o mes de agosto, así como no período comprendido entre o 26 e o 28 de decembro de 2018 e os días 15, 16 e 17 de abril de 2019 con carácter xeral abrirá un só centro por localidade. A apertura durante o mes de agosto efectuarase sempre que exista unha demanda igual ou superior aos 15 alumnos/as. Nestes casos, o seu peche diario efectuarase ás 17.00 horas».