Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2018 Páx. 16422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 2 de marzo de 2018, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de varios bens ou dereitos.

De conformidade cos acordos da Axencia Tributaria de Galicia do 15 de xaneiro e 22 de xaneiro de 2018, infórmase de que o día 11 de abril de 2018 ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición/ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

Pleno dominio con carácter privativo do solo sen edificar sito na rúa Cruz Outenín, 43 A, no concello de Santiago de Compostela. Dunha superficie de 596 m2. Anotación de embargo por suspensión como predio 52327 no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela. Predio catastral nº 15079A509010410000FP

40.065,50 €

0 €

40.065,50 €

500 €

2

Pleno dominio con carácter ganancial de predio rústico, sito en Xoane, 60, Chousa do Peón, concello de Carballo, dunha superficie de 92 metros cadrados. Anotada por suspensión como predio 50334 no Rexistro da Propiedade de Carballo, con número de identificación catastral 15019A015002440000IH.

5.344,62 €

0 €

5.344,62 €

100 €

3

Inmoble urbano de uso residencial sito no lugar de Anllóns Grande, número 19, Concello de Ponteceso, cunha superficie construída de 486 metros cadrados. Predio con número de identificación catastral 9461304NH0896S0001RJ, predio 7257 do Rexistro da Propiedade de Carballo.

87.146,03 €

22.081 €

65.065,03 €

500 €

4

Vivenda encostada sita na rúa República Argentina, s/n, A Corbeira, concello de Sada (A Coruña) dunha superficie de 155 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos, número de predio 14587.

208.408,70 €

51.263 €

157.145,70 €

500 €

5

Pleno dominio con carácter ganancial do piso terceiro letra C, vivenda de protección oficial, sito nun edificio na esquina da praza Martínez Anido e travesía de Vea, na vila da Estrada. Dunha superficie útil de 86,94 m2. Ten como anexo rocho no faiado, sinalado co número 9, de 8,28 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Estrada, predio 61159.

105.440,80 €

30.069 €

75.371,80 €

500 €

6

Edificio sinalado co número 14 da Rúa Real, número 40 antigo, do Porto de Corme, concello de Ponteceso, que consta de andar baixo, primeiro e segundo, facendo unha superficie construída de 240 metros cadrados, con patio unido dunha superficie de 83 metros cadrados. Predio adquirido a través de escritura outorgada ante o notario Manuel Mª Romero Neira do 4 de outubro de 2006 por Mª Cristina Torre Cervigón, titular rexistral do predio número 14693 inscrita no Rexistro da Propiedade de Carballo. Dunha superficie de 240 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da propiedade de Carballo, número de predio 14693. Referencia catastral 3104506NH0930S0001AA.

536.920,50 €

0 €

536.920,50 €

500 €

7

50 % pleno dominio con carácter privativo de predio a horta chamado Foxo e Agra do Foxo, sita en San Vicenzo de Elviña na cidade da Coruña, dunha superficie de 893 metros cadrados. A súa referencia catastral é 8883831NH4988S0001FI. Predio número 23155 do Rexistro da Propiedade número 6 da Coruña.

33.957,50 €

0 €

33.957,50 €

500 €

8

Inmoble rústico, de uso agrario, sito no lugar de Corques, número 20, concello de Rianxo, cunha superficie construida de 86 metros cadrados, dedicada a vivenda e almacén, e unha parcela de 835 metros cadrados. Predio con referencia catastral 002000300NH12E0001YH. Predio número 8373 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

17.105,51 €

0 €

17.105,51 €

100 €

9

30,61 % do pleno dominio de local a garaxes e rochos que ocupa parte do andar de soto primeiro que forma parte dunha edificación sinalada co nº 212 da avenida Rosalía de Castro, esquina avenida Che Guevara en Perillo, concello de Oleiros, dunha superficie 530,45 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña número 3, predio 40124.

182.817,70 €

0

182.817,70 €

500 €

10

1/34 parte indivisa do pleno dominio por título de propiedade horizontal do local destinado a garaxe no andar de soto terceiro, que consta de 34 prazas de garaxe sinaladas cos números 1 ao 34 da casa número 44 da rúa San Pedro de Mezonzo, na cidade de Santiago de Compostela. Dunha superficie de 787,01 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número 1, predio 946.

8.880,32 €

0 €

8.880,32 €

100 €

11

Pleno dominio con carácter ganancial de vivenda sita na rúa Malecón Cadarso número 24, escaleira Y, andar segundo, porta dereita, no concello de Noia. Dunha superficie construída de 57 m2. Predio catastral número 9167604NH0396N003EO, anotado por suspensión no Rexistro da Propiedade de Noia como predio 19486.

26.067,31 €

0 €

26.067,31 €

100 €

12

Pleno dominio con carácter ganancial do terreo, parte a monte e parte a labradío, no sito de Fraga do Rei e Leiro de Arribado Prado de Xesús, parroquia e concello de Sobrado dos Monxes, de 16 áreas e 82 centiáreas de superficie. Sobre este predio atópase unha nave industrial destinada a almacén de 179,96 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, predio número 6331.

42.117,84 €

18.000 €

24.117,84 €

100 €

13

1/8 da núa propiedade de predio urbano sito na rúa Paz, 25, de Palas de Rei, provincia de Lugo, dunha superficie de 348 metros cadrados e parcela de 135 metros cadrados. Predio número 13647 do Rexistro da Propiedade de Chantada. Referencia catastral 2574519NH9427S0001WW.

18.779,85 €

0 €

18.779,85 €

100 €

14

Vivenda sita na rúa Amapola, 6-8, 2º B, Urbanización Hospital do Concello de Carballo, cunha superficie de 81,10 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Carballo, número de predio 42333.

97.842,82 €

0 €

97.842,82 €

500 €

15

50 % do pleno dominio con carácter privativo da casa sita no lugar da Gándara, parroquia de Lariño, concello de Carnota. Consta de andar baixo, cunha superficie de 118 m2, andar primeiro cunha superficie de 113 m2, andar segundo cunha superficie de 113 m2 e faiado cunha superficie de 47 m2. Ten unha edificación unida de andar baixo cunha superficie de 86 m2 e andar alto cunha superficie de 21 m2. Todo está nun soar de 241 m2. Rexistro da Propiedade de Muros, predio número 5583.

109.257,10 €

78.214 €

31.043,10 €

500 €

16

Rocho sinalado co número 2, que forma parte do edificio con fronte á rúa Camiño da Igrexa, números 12-14, na cidade da Coruña, sito no andar de semisoto e dunha superficie útil aproximada de 4,15 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña número 6, con número de predio 19093.

2.477,75 €

0 €

2.477,75 €

50 €

17

Pleno dominio de predio urbano, correspondente a construción de uso residencial sita en Lg. Piñeiro, 16 en San Sadurniño (A Coruña) dunha superficie construída de 116 metros cadrados. Referencia catastral 000601400NJ71F0001GL enclavada no predio catastral 15077A033000350000UL, de 3.978 metros cadrados. Anotación de embargo por suspensión como predio 15.556 no Rexistro da propiedade de Narón.

55.030,40 €

0 €

55.030,40 €

500 €

19

Pleno dominio con carácter privativo por adxudicación por disolución de comunidade da vivenda unifamiliar composta de andar baixo e andar primeiro sita no lugar de Camiño Limpeiro, urbanización San Xoán de Vilanova no concello de Miño. Dunha superficie útil de 179,12 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume con número de predio 15728.

228.060,80 €

175.083 €

52.977,80 €

500 €

21

Piso primeiro sito no edificio sinalado co número 63 da avenida de Oza (antes 133 da avenida General Sanjurjo) na cidade da Coruña. Ocupa a superficie de 107,50 m2. Rexistro da Propiedade número 6 da Coruña, predio 6584. Referencia catastral 9106415NJ4090N0003DH.

165.000,00 €

0 €

165.000,00 €

500 €

22

Vehículo Mercedes-Benz 109 CDI. Bastidor WDF63960113304187. Matrícula 4261FKG.

3.060,00 €

0 €

3.060,00 €

50 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se deberá de conformar, sen teren dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistiren ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada, poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo máximo de seis meses e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio e pode proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 2 de marzo de 2018

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña