Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de febreiro de 2018 pola que se notifica o traslado da resolución do expediente sancionador e de restitución da legalidade P-UL-83.00/03.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 18 de xaneiro de 2018, ordenou o traslado da resolución do expediente sancionador e de restitución da legalidade P-UL-83.00/03, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Porto de Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal do traslado da resolución a María Rosa Fernández Paulos e aos herdeiros de Cipriano Manuel Crespo Araújo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística