Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16304

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo excluído de convenio colectivo mediante contrato de interinidade:

– 1 praza de xefe/a de división de proxectos e obras-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, na Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 12 de marzo de 2018

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo