Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea José, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:
a) Antecedentes.
Primeiro. Mediante escrito do 28 de setembro de 2017, José Ramón Otero García (76844540E) solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea José.
Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Consideracións legais e técnicas.
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Francisco José Naveiro Cacabelos (76864616L), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: José.
Situación:
Cuadrícula número: 25.
Polígono: D.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 30.3.1968.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actual titular: José Ramón Otero García (76844540E).
Novo titular: Francisco José Naveiro Cacabelos (76864616L).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 6 de febreiro de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
A xefa territorial de Vigo
Por delegación de sinatura (Resolución do 26.9.2017)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Recursos Mariños