Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16104

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial, para o ano 2018, do convenio colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia para salóns de peiteado de donas, cabaleiros, unisex e salóns de beleza.

Visto o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia para salóns de peiteado de donas, cabaleiros, unisex e salóns de beleza, subscrito entre a representación empresarial Fepega e a organización sindical CIG, o 24 de xaneiro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo galego de salóns de peiteado

En Santiago de Compostela o 24 de xaneiro de 2018, ás 17.30 horas, reúnese na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, a Comisión paritaria do convenio colectivo de salóns de peiteado de donas, cabaleiros, unisex e salóns de beleza, constituída conforme o disposto no artigo 37 do convenio e formada, en consecuencia, por catro persoas de cada representación.

Asisten:

Pola parte empresarial:

– Federación de Empresarios de Peluquería y Estética de Galicia (Fepega):

Elvira Fernández Prado

Jesús Saiz Vidal

Beatriz Gómez Valcárcel

María de Miguel Pérez

Pola parte social:

– Confederación Intersindical Galega (CIG):

Paula Fernández González

Silvia Mourello Rilo

Mª Cristina Martínez Padín

Paulo Paio Rubido Bará

Iniciase a xuntanza cun único punto na orde do día, actualizar a táboa salarial para o ano 2018, segundo o previsto no artigo 19 do Convenio colectivo para salóns de peiteado de donas, cabaleiros, unisex e salóns de beleza, que establece literalmente que «No ano 2018 os salarios incrementaranse na porcentaxe que resulte de aplicar o IPC real do ano anterior». Realizada a comprobación de que en 31 de decembro de 2017 o IPC quedou fixado no 1,1 %, procede a actualización dos salarios nesas porcentaxes, do que resultan as seguintes cantidades:

Grupo I: 770,39 €.

Grupo II: 848, 63 €.

Grupo III: 864,40 €.

Grupo IV: 879,57 €.