1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 881 99 53 85.
5º. Telefax: 881 99 93 26.
6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=285846
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: 2/2018 PN.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo para a organización de cursos de capacitación e talleres de sensibilización da poboación local e organización de xornadas sobre patrimonio cultural da reserva da biosfera, no proxecto de dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Gerês-Xurés dinámico).
c) División por lotes e número: non.
d) Lugar de execución/entrega: cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8 do seu cadro de características.
e) Prazo de entrega: cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 8 do seu cadro de características.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e punto 10 do seu cadro de características.
4. Valor estimado do contrato: 76.030,00 €.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 76.030,00 euros. Importe total: 91.996,30 €.
6. Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 5.2 do seu cadro de características.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o 16 de abril de 2018, ás 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O dito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.
10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de marzo de 2018.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2018
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio