Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 27 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro das axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo de Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 9º, A Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo en calquera banco ou caixa de aforros, utilizando os documentos habilitados para o efecto e así, darase por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 27 de febreiro de 2018

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

NIF

Importe

Curso

Causa

Araujo de la Cruz, Maricielo

49675586W

617,38 €

2015/2016

1,10

Corbelle Pasarín, Germán

48115083A

561,59 €

2015/2016

1,10

Gutiérrez Talledo, Brayan

54225199P

693,49 €

2015/2016

1,10

Núñez Suárez, Ricardo José

47438763K

2.232,39 €

2015/2016

1,10

Piñango Casalta, Juan Andrés

X9535083L

2.094,16 €

2015/2016

1,10

Riveira Durán, Lara

79339636D

260,00 €

2015/2016

1,1

Sierra Brizuela, Bárbara Karina

49404877A

2.295,75 €

2015/2016

1,1

Varona Fraga, Glendys Laura

49667656F

260,00 €

2015/2016

1,10

Gómez González, Jairo

49915392X

913,00 €

2016/2017

7,34

Hernández Silva, Alfredo

54125998Y

1.826,00 €

2016/2017

7,26