Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2018 Páx. 16260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2018, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitadas ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro das ditas resolucións deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2018

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Persoa interesada

DNI/NIE

42778

Yolanda Camino Llamas

*****327C

49575

Marta Salgueiro Vila

*****709Q

53224

Javier Diz Alonso

*****074N

53807

Edith Omozee Vincent

*****406B

54101

Lahoucine Bouterhroucht

*****855Z

68432

Tatiana Otero Iglesias

*****755T

69180

Preciosa Mercedes Alonso González

*****785E

79688

Nancy Montoya Montoya

*****761Q

79847

Juan Gómez Rodríguez

*****186G

80144

Manuel Rodríguez Blanco

*****035S

80251

María Soares Dos Santos

*****783Y

80265

Uxía Cazorla Silva

*****488Q

80296

Raquel Fernández Amaya

*****626S

80310

Fabián David Cuvi Viñán

*****970J

80452

Belén Vallina González

*****645T