Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da exposición pública do Anteproxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 7 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon á disposición pública o Anteproxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

O texto do anteproxecto de lei poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0291/anteproxecto-lei-regulacion-aproveitamento-ludico-das-augas-termais-galicia

As organizacións, as asociacións e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei ata o 16 de abril de 2018.

As referidas proposicións, suxestións ou recomendacións poderán realizarse a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal indicado. Así mesmo, poderán presentarse nas formas previstas no artigo 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria