Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 186033/RX3140473.

Data: 26.12.2017.

Solicitante: Rosa María Vilasante Fuentes.

Especie: Vitis vinifera L.l.

Localidade: San Mamede de Ribadulla.

Concello: Vedra.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

Localidade: Soaxe-Seixo.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: San Brais-Seixo.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Pyrus cordata L.

Localidade: Monte Xaxán.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Platycladus orientalis (L.) Franco.

Localidade: A Raña.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Laurus nobilis L.

Localidade: Quinta de Briz.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Ligustrum lucidum W.T. Aiton.

Localidade: Quinta de Briz.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Betula pubescens Ehrh.

Localidade: Monte Castiñeiras.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Betula pendula Roth.

Localidade: Monte Castiñeiras.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Seixo-O Campo.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 175/RX278905.

Data: 2.2.2018.

Solicitante: María Ramallo Vázquez (en representación do Concello de Marín).

Especie: Eucalyptus robusta Sm.

Localidade: O Campo.

Concello: Marín.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural