Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15801

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), dáse publicidade ao convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no primeiro cuadrimestre do ano 2017 por esta consellería, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vedra para o equipamento do centro sociocultural de Santa Eulalia de Vedra, da casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla e do local sociocultural Casa da Cruxa de San Xián de Sales.

4.9.2017

35.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil polo que se instrumenta a entrega dunha subvención para a creación de dúas bolsas de formación para alumnado do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel.

5.9.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Vilagarcía de Arousa, para a realización das obras de acondicionamento de espazos e instalacións para comedor escolar no CEIP O Piñeiriño.

5.9.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para a realización do I Concurso nacional de piano mestre Soutullo e mantemento da fundación.

6.9.2017

6.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza.

15.9.2017

30.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Centro Oncolóxico de Galicia José Antonio Quiroga y Piñeyro para a impartición de ensinanzas de formación profesional da familia de Sanidade.

15.9.2017

36.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Salvaterra de Miño para o acondicionamento de local destinado a aula obradoiro de formación profesional básica.

22.9.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Portas para actuacións no auditorio municipal e na casa da cultura.

26.9.2017

31.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a realización dunha actuación arqueolóxica para a documentación e delimitación do xacemento arqueolóxico dos Castros (Mondoñedo, Lugo).

27.9.2017

0,00 €

Addenda ao acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional e nas ensinanzas deportivas.

29.9.2017

8.120.698,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Cisterciense Orde Santa María de Sobrado para a posta á disposición dos terreos para a execución das obras para a conservación e posta en valor do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado: igrexa e espazos de uso público, Sobrado dos Monxes (A Coruña), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder 2014-2020.

2.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución das actuacións de limpeza e restauración das Burgas (Burgas de Abaixo), no Concello de Ourense.

4.10.2017

13.068,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Teo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de reparación e consolidación da ponte de Rúa de Francos, Calo, Teo (A Coruña).

5.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, de alumnos da Facultade de Filoloxía, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

5.10.2017

0,00 €

Convenio marco entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A., para o desenvolvemento de actuacións en materia de emprendemento, educación financeira e formación profesional.

6.10.2017

0,00 €

Addenda ao convenio marco entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria, S.A., para o desenvolvemento de actuacións en materia de emprendemento, educación financeira e formación profesional.

6.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (UCEIF) e Banco Santander, S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

10.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense.

11.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Valle-Inclán, para os actos de prolongación da celebración do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán.

17.10.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a mellora das instalacións e adquisición de equipamentos en locais culturais municipais de Albeos e Crecente.

18.10.2017

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Agolada para intervencións nos Pendellos para destinalos a actividades de carácter cultural.

18.10.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Aranga para a creación de biblioteca no local social de Muniferral.

18.10.2017

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para a realización do Premio Otero Pedrayo 2016.

19.10.2017

8.000,00 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a rehabilitación da antiga igrexa de San Francisco como espazo museístico.

25.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

25.10.2017

2.455.002,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Franciscanos Orden Frailes Menores (OFM)-provincia de Santiago para a posta á disposición dos inmobles e terreos para a execución das obras de reparación da cuberta da igrexa e da ala oeste do convento de San Francisco, Ribadavia (Ourense).

26.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do seminario Novas narrativas para a historia da arte.

27.10.2017

13.340,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, para a organización e desenvolvemento da Olimpíada de Química e para o seu recoñecemento como actividade de innovación educativa.

30.10.2017

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, para a organización e desenvolvemento da Olimpíada de Bioloxía e para o seu recoñecemento como actividade de innovación educativa.

30.10.2017

0,00 €

Convenio específico entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) e a empresa Actividades Aeronáuticas Lucenses, S.L. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

30.10.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a rehabilitación da edificación Casino de Noia para a súa transformación nun centro de visitantes multifuncional do xeodestino da ría de Muros Noia.

31.10.2017

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paco Lareo para a rehabilitación da cuberta do Museíño da Fundación Paco Lareo.

2.11.2017

14.995,53 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

2.11.2017

1.882.236,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do Subprograma Ramón y Cajal (convocatorias MEC 2014 e 2015).

3.11.2017

263.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a reforma de casa da cultura a auditorio e edificio multiúsos.

9.11.2017

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona para a adquisición de mobiliario para a biblioteca e arquivo municipal de Baiona.

10.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen Galicia para a realización de actividades culturais no ano 2017.

10.11.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para a realización da exposición temporal In tempore sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia. El primer reino medieval de occidente (441-585 A.D.).

14.11.2017

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva (convocatoria Mineco 2015).

17.11.2017

49.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento da contratación dos investigadores seleccionados ao abeiro da modalidade 3: proxectos de I+D+i para mozos e mozas investigadores sen vinculación ou con vinculación temporal no marco do Programa estatal de investigación, desenvolvemento e innovación orientado aos retos da sociedade (convocatorias MEC 2014 e 2015).

17.11.2017

162.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

17.11.2017

3.610.638,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Concello de Lugo, para a construción dun novo CEIP no polígono do Sagrado Corazón.

22.11.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior de la República Mexicana, A.C. (Anuies), representada polo secretario xeral executivo, Jaime Valla Esponda, e o Sistema universitario de Galicia, integrado polas universidades españolas da Coruña, Santiago de Comportela, Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (SUG), representado por Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

23.11.2017

0,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través do Centro Galego de Arte Contemporánea, a Fundación Per Amor a L’Art da Comunitat Valenciana e o Museo Universidade de Navarra para a exhibición nas súas sedes da exposición Bleda e Rosa. Xeografía do Tempo.

24.11.2017

12.209,84 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo.

28.11.2017

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a utilización das bibliotecas da USC por parte do alumnado do bacharelato internacional dos centros dependentes da consellería.

28.11.2017

0,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Laboral de la Construcción sobre a colaboración educativa nas ensinanzas da familia profesional de Madeira, Moble e Cortiza.

29.11.2017

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a habilitación do Centro de Interpretación das Covas-Meiraos.

29.11.2017

40.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

1.12.2017

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

12.12.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Schneider Electric España, S.A., para a creación dunha aula tecnolóxica IoT Schneider Electric no CIFP As Mercedes.

13.12.2017

0,00 €

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións de I+D+i.

13.12.2017

2.455.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a axencia estatal Consello Superior de Investigacións Científicas para o desenvolvemento de actividades no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

14.12.2017

152.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a habilitación do Centro de Interpretación das Covas-Meiraos.

15.12.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación PuntoGal para a preservación dos sitios web.gal.

15.12.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Galega de Municipios e Provincias en relación cos gastos de limpeza dos centros públicos integrados.

15.12.2017

682.500,00 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade para a realización do proxecto En-Red-Arte II.

20.12.2017

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Agolada para intervencións nos Pendellos para destinalos a actividades de carácter cultural.

20.12.2017

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello do Pino para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal dependente del.

22.12.2017

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Noia para a realización das obras comprendidas no proxecto de construción de pavillón polideportivo no CEIP Felipe de Castro (Noia).

30.12.2017

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a construción e desenvolvemento do edificio institucional e de I+D na zona vella.

31.12.2017

1.921.618,56 €

ANEXO II

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza (DAEN) da Facultade de Formación do Profesorado da USC.

26.4.2017

0,00 €