Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, por este organismo de asistencia sanitaria especializada, mediante acordo marco, na Xestión Integrada da Coruña (expediente MA-SER4-18-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MA-SER4-18-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: asistencia sanitaria especializada na EOXI da Coruña.

c) Lugar de execución: véxase o número 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) División por lotes e número de lotes: si; dous (2) lotes.

e) Prazo de execución: catro anos contados desde o día de formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 85111000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, mediante acordo marco.

c) Criterios de selección e adxudicación:

Lote 1. Procesos médicos, procesos cirúrxicos e probas diagnósticas e terapeúticas.

Criterios

Puntuación

Nº de camas

8 puntos

Nº de sesións cirúrxicas con médicos centro ao mes

13 puntos

Nº de sesións cirúrxicas con médicos Sergas ao mes 7 horas/día quenda de mañá

13 puntos

Nº de camas de reanimación

8 puntos

Nº de citas para probas e consultas ao mes

8 puntos

A avaliación efectuáse asignándoselle a puntuación máxima ao centro que presente a mellor oferta e o resto avaliarase proporcionalmente.

Lote 2. Hemodiálise hospitalaria.

Criterio

Puntuación

Nº de sesións ao mes

50 puntos

A avaliación efectuáse asignándoselle a puntuación máxima ao centro que presente a mellor oferta e o resto avaliarase proporcionalmente.

4. Orzamento estimado do contrato: 97.497.296,83 €.

5. Orzamento base de licitación: 72.220.219,88 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: si; equivalente ao 5 % do orzamento do importe de licitación de cada lote, excluído o imposto sobre o valor engadido.

O importe correspondente a cada lote será o seguinte:

Nº de lote

Importe da garantía

Lote 1

2.524.107,98

Lote 2

1.086.903,02

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, 2º andar.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 54 27 78.

e) Telefax: 881 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:

g) Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se pode obter os pregos: www.sergas.es.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as letras e) e f) da cláusula 6.5.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de abril de 2018.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (véxase o número 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

11. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) A data e a hora: a data de apertura do sobre B publicarase no perfil do contratante.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. Véxase o número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 2 de marzo de 2018.

14. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2018

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 43/2013, do 21 de febreiro; Orde do 5.7.2012)
Antonio Fernandez-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde