Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 16067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de xestión de residuos (expediente AB-EIV1-18-021).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 38.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos sanitarios perigosos xerados e non perigosos en centros dependentes da Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes: si; dous (2) lotes.

d) Lugar de execución: centros relacionados nos pregos que rexen a contratación.

e) Prazo de execución: un (1) ano.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 90513000-6 e 90524400-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado: 498.764,05 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 498.764,05 €. IVE: 49.876,41 €. Importe total: 548.640,46 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non; véxase o número 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o número 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 11 de abril de 2018.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de suntas Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 1 de marzo de 2018.

Vigo, 1 de marzo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo