Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2018 Páx. 15956

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de marzo de 2018 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros,
especialidade de enxeñaría industrial

Tribunal titular:

Presidencia: Camilo José Carrillo González, profesor titular da Área de Enxeñaría Eléctrica da Universidade de Vigo.

Secretaría: María del Mar Ferreiro Broz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Laura María González-Dopeso Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Antonio Hermo Nimo, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

– Miguel Ángel Naya Villaverde, profesor titular da Área de Enxeñaría Mecánica da Universidade da Coruña.

Tribunal suplente:

Presidencia: Nicolás Vázquez Iglesias, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Secretaría: Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María José Millares Coto, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de minas.

– Julia Armesto González, profesora titular da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Universidade de Vigo.

– María Isabel Castro Sánchez, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.