Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de axencia de viaxes relativo ao acordo marco para subscribir cun único empresario (expediente 308/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Dirección: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2. uvigo.es/index.asp? idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: 3.4.2018.

d) Número de expediente: expediente 308/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: acordo marco para a selección dun único empresario para a prestación do servizo de axencia de viaxes da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: 3 lotes.

• Lote 1: Campus de Vigo.

• Lote 2: Campus de Ourense.

• Lote 3: Campus de Pontevedra.

d) Lugar de execución/entrega: os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: un ano contado desde o día 1 de maio de 2018, ou desde o día seguinte ao da súa formalización se é posterior á dita data, prorrogable por un ano. Os contratos baseados no acordo marco formalizados antes da finalización do prazo de duración deste serán executados ata a súa conclusión.

f) Admisión de prórroga: si, por un ano máis.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) C.P.V.: 63516000-9: servizos de xestión de viaxes.

i) C.P.A.: N-79.11: servizos de axencia de viaxes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato lote 1: 1.239.669,42 euros.

5. Valor estimado do contrato lote 2: 619.834,71 euros.

6. Valor estimado do contrato lote 3: 347.107,44 euros.

7. Valor estimado acumulado dos lotes: 2.206.611,57 euros.

8. Importe de licitación: o indicado no punto 4 da folla resumo de características para cada un dos servizos.

• Gasto máximo previsible con impostos lote 1: 750.000 euros.

• Gasto máximo previsible con impostos lote 2: 375.000 euros.

• Gasto máximo previsible con impostos lote 3: 210.000 euros.

• Gasto máximo previsible con impostos todos os lotes: 1.335.000 euros.

9. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva lote 1: 30.991,74 euros.

• Definitiva lote 2: 15.495,87 euros.

• Definitiva lote 3: 8.677,69 euros.

• Complementaria: non se exixe.

10. Requisitos específicos do contratista:

I. Será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador. Neste caso estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica e profesional:

a) Lote 1: grupo U, subgrupo 4, categoría 5.

b) Lote 2: grupo U, subgrupo 4, categoría 4.

c) Lote 3: grupo U, subgrupo 4, categoría 3.

II. Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación (en todos os lotes):

a) Solvencia económico financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características.

11. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10.4.2018.

b) Modalidade de presentación: papel dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Dirección: Edificio de Xerencia, Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

12. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

13. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 3.500 euros.

14. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.3.2018.

Vigo, 5 de marzo de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo