Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade en inmobles non administrativos titularidade deste organismo.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizo de vixilancia e seguridade en inmobles non administrativos titularidade do Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade en inmobles non administrativos titularidade do Igape.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: os lugares da prestación do servizo son os sinalados no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de vixencia (meses): 48 meses. Poderá prorrogarse por outros 12 meses máis, logo de acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada. Documentalmente simplificado.

4. Valor estimado e orzamento base de licitación:

O valor estimado da contratación ascende a 842.975,21 € máis 177.024,79 € de IVE, total 1.020.000,00 €.

O orzamento máximo de licitación inicial é 674.380,17 € máis 141.619,83 € de IVE, total 816.000,00 €.

O orzamento da posible prórroga é 168.595,04 € máis 35.404,96 € de IVE, total 204.000 €.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se for o caso: (grupos, subgrupos e categoría): (non obrigatoria): grupo M, subgrupo 2, categoría 2.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Solvencia económico-financeira: ter un volume anual de negocios no ámbito a que se refire a presente contratación que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, sexa polo menos unha vez e media o valor anual medio do contrato.

Ou ter subscrito un seguro de indemnización de riscos profesionais por un importe non inferior ao valor estimado do contrato.

Solvencia técnica: a licitante deberá ter executado un conxunto de traballos que garden relación co obxecto do contrato que supoñan, cando menos, un importe anual acumulado no ano de maior execución do citado período, igual ou superior ao 70 % da anualidade media do contrato.

A clasificación do licitante no grupo M, subgrupo 2, categoría 2, é suficiente para acreditar a solvencia exixida e substitúe a documentación antes sinalada.

A solvencia acreditarase segundo o establecido nas cláusulas F.2 e F.3 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o día 20.4.2018.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable mediante aplicación de fórmulas e oferta económica): o día 4.5.2018, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación:

Criterio

Valoración

Prezo mensual sen IVE

60 %

Melloras para beneficio do servizo

20 %

Melloras para beneficio do prezo

20 %

11. Outras informacións: a empresa ofertante deberá contar coa correspondente autorización administrativa e o persoal dedicado á execución do servizo deberá estar debidamente habilitado e cumprir todas as exixencias establecidas pola Lei 5/2014, do 4 de abril, de seguridade privada, así como nas demais disposicións sobre a materia.

12. Gastos de anuncios: 2.700 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se for o caso): 1.3.2018.

14. Se for o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacions.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica