Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PSC-PO-0378/2017-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0378/2017-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 7 de marzo de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0378/2017-PPM

Ignacio Salvador del Campo Santiago

36120629A

Proposta de resolución

Vilar, 5, Tomiño

PSC-PO-0383/2017-PPM

José Feijoo Giralda

15490425V

Proposta de resolución

Pino Manso, 21, Baiona

PSC-PO-0390/2017-PPM

Eugenio Malde García

36104050F

Proposta de resolución

Praza Joaquín Yáñez, 3, 1º, Vigo

PSC-PO-0397/2017-PPM

José Manuel Riveiro Vázquez

35581266J

Proposta de resolución

O Calvario, 44, 5º B, A Guarda

PSC-PO-0404/2017-PPM

Miguel Smith Balch

15492565H

Proposta de resolución

Urgal, 64, Baiona