Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2018 Páx. 15738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se publica a formalización do contrato de servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: un (1).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=221063

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Pontevedra.

c) CPV: 90911200-8; CPA: 81.21.10.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 24 de novembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento: 170.000,00 €. IVE (21 %): 35.700,00 €. Total: 205.700,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de xaneiro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xaneiro de 2018.

c) Adxudicataria: Eleroc Servicios, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 161.085,59 €. IVE (21 %): 33.827,97 €. Total: 194.913,56 €, para o período do 1 de febreiro de 2018 ata o 31 de xaneiro de 2020.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Vigo, 26 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo