Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15383

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

ANUNCIO do extracto da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo/a.

No BOP núm. 207, do día 31 de outubro de 2017, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo/a.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 21 de febreiro de 2018

Jorge Juan Suárez Fernández
Presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol