Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2018 Páx. 15351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante un acordo marco, suxeito a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento informático para departamentos da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0042).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0042.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato é a subministración de equipamento informático para os departamentos da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, a contratación está dividida nos seguintes lotes:

• Lote 1: ordenador persoal básico (con pantalla).

• Lote 2: ordenador persoal avanzado (con pantalla).

• Lote 3: ordenador portátil avanzado.

• Lote 4: posto móbil completo.

• Lote 5: portátil convertible.

c) Prazo e lugar de entrega: este acordo marco estará vixente durante dous anos a contar a partir da data da súa formalización.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: tramitación ordinaria.

b) Procedemento: procedemento aberto.

4. Valor estimado: 5.535.000,00 €.

• Lote 1: 2.400.000,00 €.

• Lote 2: 300.000,00 €.

• Lote 3: 400.000,00 €.

• Lote 4: 400.000,00 €.

• Lote 5: 140.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante:https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=288642.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o punto 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 16.4.2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 7.3.2018.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia