Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 14901

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución do 1 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 15 de decembro) e pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 9 de marzo de 2018, o tribunal nomeado por Resolución da Dirección Xeral de Administración Local para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017 (DOG núm. 234, do 15 de decembro)

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 49, 83 e 113. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva números 64, 97 e 130, respectivamente.

Segundo. Desestimar o resto das reclamacións presentadas.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 6.2 da Orde do 30 de novembro de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro), e tendo en conta o artigo 6 da Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 1 de decembro de 2017 e o acordo deste Tribunal do 15 de febreiro de 2018, superaron o exercicio tipo test correspondente a cada subescala aqueles que contestaron un mínimo de 30 preguntas correctas sobre 60, tendo en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se desconta unha correcta.

Cuarto. Publicar na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A, as puntuacións obtidas na proba tipo test e na proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados obtidos polos/as aspirantes.

Quinto. De acordo co disposto no artigo 5.5 da Orde do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG do 1 de decembro), os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas sobre a puntuación obtida na proba tipo test, na proba de galego, se for o caso, e sobre os méritos baremados, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Administración local nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal