Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO da oferta de emprego público 2018.

A oferta de emprego público correspondente ao ano 2018 é a contida no Decreto desta alcaldía nº 27/2018, do 6 de febreiro de 2018, que está integrada polas seguintes prazas:

Persoal funcionario:

1º. Oficial da policía local. Escala básica, categoría oficial, grupo de clasificación C, subgrupo C1. O acceso será por promoción interna e a provisión mediante concurso-oposición. Número de prazas: 1.

2º. Policía da policía local. Escala básica, categoría policía, grupo de clasificación C, subgrupo C1. O acceso será en turno libre e a provisión mediante oposición. Número de prazas: 1.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado polo artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Negreira, 7 de febreiro de 2018

Jorge J. Tuñas Caamaño
Alcalde presidente