Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2017/74, 8546 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT Ribadeo 1 entre AP-161 e CS 5950 Vilar.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV baixo tubo, cunha lonxitude de 560 m, con orixe en apoio existente AP-161, condutor tipo RHZ1 240, pasando polo CT Mercadona Ribadeo, polo CS 5950 Vilar (a desmontar) e final no CS 9815 Eroski.

• Centro de transformación en caseta prefabricada existente, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, con foso recolleaceite, 1 cela de protección a maiores das xa existentes e armarios de distribución da rede de BT.

• Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 230 m, con orixe en apoio existente HV-11/630 (punto 7), condutor tipo RZ 150 e final en RBTA existente.

• Liña de baixa tensión soterrada, con orixe no CT Mercadona Ribadeo, condutor tipo RV 240 e RV 95, e final nos C.G. P. de distintos clientes e no apoio existente HV-11/630 (punto 7).

• Desmontar a LMT aérea Ribadeo 1 entre o apoio AP-161 e o CS 5950 Vilar integrada por: 280 m de LMT aérea, CTI Reverte, CTI Panificadora e un dos apoios de formigón que o soporta e 120 m de LMT soterrada existente entre o apoio AP-162 e o AP-163.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 21 de febreiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo