Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2018 Páx. 14795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de febreiro de 2018, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta Área Provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que estime pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2018

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Atlanta.

Signatura: V-PO-000785.

Razón social: José Nájera Moreno.

Domicilio: Carabela Pinta, 3, 4º A.

Concello: 36300 Baiona.

Establecemento: Canela.

Signatura: V-PO-005898.

Razón social: Álvaro Bouzas Otero.

Domicilio: Santísima Trinidad.

Concello: 36300 Baiona.

Establecemento: Casqueiro.

Signatura: V-PO-003807.

Razón social: María del Carmen Ferreira Pérez.

Domicilio: Casqueiro.

Concello: 36300 Baiona.

Establecemento: EL Pañuelo.

Signatura: V-PO-004453.

Razón social: Carlos Lois Erosa.

Domicilio: Teófilo Llorente, 8.

Concello:36202 Vigo.

Establecemento: El Tranvía.

Signatura: V-PO-009324.

Razón social: Moisés Cuenca Martínez.

Concello: da Igrexa, 15.

Ayuntamiento: 36300 Arbo.

Establecemento: La Kueva.

Signatura: V-PO-001081.

Razón social: José Carlos Currás González.

Domicilio: Xeneral Franco 5, bloque 3, 1º A.

Concello: 36300 Baiona.

Establecemento: Las Gafas del Coche.

Signatura: V-PO-004728.

Razón social: Ramón Barciela Fernández.

Domicilio: Elduayen, 4.

Concello: 36300 Baiona

Establecemento: Persigueme.

Signatura: V-PO-004635.

Razón social: Persígueme Rodríguez, S.L.

Domicilio: General Franco, 1.

Concello: 36300 Baiona.

Establecemento: Tapería Vixque.

Signatura: V-PO-008786.

Razón social: José Manuel Bouzas Rodríguez.

Domicilio: Rosalía de Castro, 11, baixo.

Concello: 36670 Cuntis.

Establecemento: Tijuana.

Signatura: V-PO-006235.

Razón social: Miguel Ángel Villafines Rodríguez.

Domicilio: Ibarra, 31.

Ayuntamiento: 36300 Baiona.