Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2018 Páx. 14314

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 27 de febreiro de 2018 pola que se modifican as condicións do procedemento de prórroga establecidas na Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual.

O 10 de xaneiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2018, con financiamento plurianual.

No artigo 11 da citada orde establécese o procedemento de prórroga da subvención para todas as persoas que resultasen beneficiarias deste programa e que non perdesen o dereito mediante a oportuna resolución.

A presente orde ten por obxecto concretar determinados aspectos referidos ao cómputo dos ingresos que se terán en conta para a concesión da prórroga da axuda, así como á comprobación dos datos necesarios para tal efecto. Modifícase tamén o modelo de solicitude de prórroga, coa finalidade de incorporar as autorizacións dos datos persoais necesarios para a súa tramitación.

No exercicio das facultades que me confiren o artigo 4 do Decreto 37/2017, do 6 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o artigo 34 da Lei 1/1983, do 12 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual

Modifícase a Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018, con financiamento plurianual, nos termos que se recollen a seguir:

Un. Engádense dous números ao artigo 11:

4. O cómputo dos ingresos para a concesión da prórroga do Programa do bono de alugueiro social realizarase conforme o establecido no artigo 4 desta orde.

5. A comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento de prórroga efectuarase de conformidade co previsto no artigo 10 desta orde.

Dous. O anexo V da Orde do 15 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 10 de xaneiro de 2018, substitúese polo anexo que se xunta a esta orde.

Disposición transitoria única. Réxime das prórrogas

As disposicións desta orde aplicaranse a todas as solicitudes de prórroga deste programa, con independencia do ano da convocatoria en que se fundamente a súa concesión.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2018

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

missing image file
missing image file